Caruma no Muiño Vello de Redondela.

Caruma_no_muiño_vello_25

O pasado martes día 3 de febreiro, ás 22:15 horas, o grupo CARUMA ofreceu unha gran parte do seu repertorio nun concerto íntimo celebrado no incomparable marco do Muiño Vello de Redondela.

A pesares da hora e da climatoloxía pouco agradable, que non animaba a saír da casa, déronse cita alí unha serie de afeccionados á música en vivo, que poideron disfrutar coas súas cancións.

Esa noite soaron no Muiño Vello, local cunha moi boa acústica, algunha das cancións propias do grupo como: Día de foliada, Aire, Neno, Á conquista do universo, Soia (con letra de Rosalía) ou Para América. Tamén soaron fados como: Rua do capelao, Cartas de amor, Da tempo ao tempo, Lágrima ou Mariquinhas. E, por suposto, non podía faltar algunha das cancións galegas imprescindibles como: Quen poidera namorala ou Negra Sombra.

O público que asistiu puido gozar da súa música e, aínda que había xente que xa os coñecía, para a maioría dos asistentes supuxo unha sorpresa e, como dicía Delio, o muiñeiro, superou de sobra as expectativas.

Para todos aqueles que non puidestes estar alí, emprazámosvos para o seguinte concerto, que será…

Más fotos:

Anuncios

Caruma en concerto.

 

Caruma_julio_2014_01

 

¿Coñecedes ao grupo Caruma?

Pois é un grupo de Pontevedra que fai música en galego. Unha parte importante do seu repertorio son composicións propias, tanto da música como da letra, ou musicando algún poema de Rosalía; tamén fan algunha versión de cancións galegas imprescindibles e fados.

Se queredes coñecelos e escoitar a súa música en vivo, tendes unha inmellorable ocasión de facelo o vindeiro martes dia 3 de febreiro no Muíño Vello de Redondela, a partires das 22,30 horas, onde, ademais, podedes degustar unhas deliciosas tapas.

Aproveitade a ocasión porque non é moi doado velos en concerto, a pesares de ter xa cumpridos dez anos como grupo.